HISTORIA

O Asteria nace en maio de 1999, nunha pequena vila mariñeira coñecida por Caión. Con unha situación privilexiada na costa galega, o noso local está bañado por un vigoroso océano, a 25km de A Coruña.

Dous amigos, Guillermo e Javier, xóvenes emprendedores, deciden poñer en marcha un proxecto que co tempo será un novo fogar, tanto para eles como para a xente da vila.

Xunto co apoio de ambas familias, comezan horas de traballo, de superación, de ledias e tristezas, de inquedanzas, decepcións e logros, risas e bágoas… que pouco a pouco conformarán a lenda do Asteria.

Os dous separan os seus camiños e Guille, nacido na vila, quedará á fronte do local que vai medrando paseniñamente.

Xa pasaron máis de dez anos, e con eles moitos cambios, reformas, melloras… e sobre todo moitos recordos.

Non podemos falar da historia do Asteria sen lembrar a todas as persoas que aquí traballaron e traballan, deixando un pequeno recordo, unha anécdota, unha frase, unha característica, algo… ; pero iso sí, todos con algo común: o cariño, a amabilidade, o respeto… cara a esa xente que nos visita, creando así e gracias a todos un lugar cálido e familiar.

O Asteria abre as súas portas todos os días do ano ofrecendo así diferentes alternativas para todos os gustos:

calor e sol na terraza mais espectacular do atlántico;
choiva, vento e temporales de inverno ó abrigo do local;
cafés ou copas, tapas ou xeados, tranquilidade ou movemento…

por todo isto, ten coidado se ves a visitarnos porque… isto engancha!!