SERVIZOS

Debido ó volumen de xente que hai no verán, NON se reservará mesa

Dispoñemos de 33 mesas na terraza e outras tantas no interior do local, que nos días de sol rotan continuamente de xente que sube e baixa para a praia. Mentras agardas por mesa, poderás degustar uns entrantes e uns aperitivos na barra do local..

Montamos a terraza tanto en verán como en inverno, con amplias e numerosas sombrillas para os que prefiren algo de sombra. Só é necesario que faga unha temperatura que non conxele a ninguén que se queira sentar.

Hai unha tarxeta de pago do local para asiduos clientes. É unha especie de moedeiro que no mesmo local podes recargar, e cada vez que pagas faise un desconto de un dez por cento sobre o total.